Volven os domingos de baile a Guitiriz coa música de José Anido

TerraChaXa
O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, contará cunha merenda
baile-bailar-clases
22 Jan 2025

Este domingo 26 de xaneiro, a Escola Habanera de Guitiriz acollerá unha nova animada xornada de baile aberta a todo o público. O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, promete ser unha tarde de diversión para persoas de todas as idades.

Durante a celebración, haberá un descanso acompañado dunha merenda para recargar enerxías. Ademais, os asistentes poderán desfrutar dun sorteo de agasallos e dunha actuación en directo a cargo de José Anido, que amenizará o evento co seu talento musical.

A entrada terá un custo de 5 euros, e o evento está organizado polo Concello de Guitiriz.

0.12494516372681