Volven os monicreques este sábado á casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Fran Campos, da compañía Bandullo Azul, trae este sábado, 25 de novembro, á Casa-Museo Manuel María o seu espectáculo de narración oral, con monicreques e música, Fazulas e o ladrón de paraugas.
fazulas e o ladron de paraugas
22 Nov 2023

Fran Campos, da compañía Bandullo Azul, trae este sábado, 25 de novembro, á Casa-Museo Manuel María o seu espectáculo de narración oral, con monicreques e música, Fazulas e o ladrón de paraugas. Unha actividade que iniciará ás 17 horas e que vai dirixida para nenas e nenos maiores de tres anos e para público familiar.

Baseada no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, o espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas.

Fran Campos formouse en escolas de teatro, así como en obradoiros e clases maxistrais con mestres e mestras como Leo Bassi, Claudia Contín, Anton Valén, Jos Houben… Alén de ser membro fundador de Bandullo Azul, leva máis de dez anos e 300 funcións co Padre Merino, un espectáculo en que se mesturan o clown, o bufón, maxia, música…

Para asistir a esta actividade é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18053817749023