Xa está a funcionar a área recreativa de Gontán
A área recreativa de Gontán abriu xa a súa área de multiaventura, de acceso libre e gratuíto e na que unha gran tirolina presidirá os xogos que se están a disposición dos pequenos.
Así o anunciou o alcalde da localidade, José María López Rancaño, que afirmou que esta obra contou cun orzamento de arredor de 48.000 euros que foron financiados polo Concello e a Deputación provincial de Lugo.
A área recreativa de Gontán está situada a orillas do río Labrada, ao seu paso polo núcleo de Gontán, conta con varios merendeiros e unha praia fluvial acondicionada así como cunha explanada de cemento para facilitar o baño. Entre as instalacións actuais figuran unha pista de pádel, unha multideportiva, un parque biosaudable, sendas peonís e un paseo sobre unha pasarela de madeira.
Debido ao centralizar neste lugar varias actividades de ocio, o Concello optou por incrementar as dotacións cun parque infantil de xogos e unha zona de multiaventura.
Para ubicar estes xogos escolleuse un espazo rodeado cunha pasarela de madeira de 1,50 metros de ancho. Nel fíxose unha tirolina de 20 metros de percorrido con caída de 1,37 metros, que está rodeada de diferentes tipos de xogos con randeeiras, tobagáns, castelos para trepar, todos homolados pola Unión Europea.
Todos estos xogos contarán con solo de seguridade que se emprega para protexer aos nenos de caídas.
ESTRADAS
O alcalde de Abadín, José María Rancaño, anunciou tamén que este outono seguirán cos traballos de aglomerado dos camiños municipais. En total este ano investiranse un total de 700.000 euros repartidos nas distintas parroquias. Estes amaños implican tamén o arranxo de camiños rurais que van a fincas particulares. Segundo anunciou o alcalde, "falta moi pouco dos preto de mil quilómetros de estradas que ten Abadín por rematar con novo aglomerado en quente".