Xa está aberta a piscina de Meira nos meses de xullo e agosto
TerraChaXa
Os bonos para socios poderán tramitarse no Concello

6 Jul 2025
A piscina municipal de Meira abriu ao público durante os meses de xullo e agosto en horario de 12:00 a 20:00 horas.
O prezo da entrada para persoas maiores ou iguais a 12 anos será de 2 euros, mentres que os menores de 12 anos pagarán 1,50 euros. Os nenos e nenas menores de 3 anos poderán acceder de forma gratuíta. Os bonos para socios poderán tramitarse no Concello.
Esta instalación ofrece unha alternativa de lecer para veciños e visitantes durante o verán, cun espazo de augas ao aire libre para desfrutar das tardes de calor na vila.