Xa está aberto o Circuíto Permanente de Orientación Sotavento - Serrón do Lobo
Xa está aberto ao público o novo Circuito Permanente de Orientación Sotavento - Serrón do Lobo, así, convidan a participar nesta magnífica actividade na natureza para compartir con familia e amigos e apta para todos os públicos e condicións físicas, xa que conta con 5 percorridos diferentes para escoller con distintas lonxitudes e niveis técnicos. Ademais, é unha fantástica oportunidade para gozar da contorna natural e das marabillosas vistas panorámicas que rodean o parque.
Para celebrar a inauguración do circuíto, todas aquelas persoas que completen o circuíto durante o mes de agosto de 2021 terán acceso gratuíto a unha visita guiada polas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento e participarán nun sorteo sorpresa.
A continuación están as ligazóns para descargar os mapas dos 5 percorridos e tamén están accesibles escaneando os QR do panel informativo que se podde atopar no exterior do edificio principal.
Mapa Sotavento
Mapa Serrón do Lobo