Xa está dispoñible o calendario do punto limpo móbil de Barreiros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O punto limpo móbil adquirido polo Concello de Barreiros, comezou o seu funcionamento e seguirá facendo o seu percorrido por todo o concello que ata xuño.
31 Jan 2020

O punto limpo móbil adquirido polo Concello de Barreiros, comezou o seu funcionamento e seguirá facendo o seu percorrido por todo o concello que ata xuño.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que con este servizo “preténdese facilitar a correcta reciclaxe de residuos domésticos, achegando un lugar onde desfacerse deles de xeito correcto sen necesidade de achegarse ata o punto limpo que, lembra, segue abrindo os luns e xoves de 9 a 13 horas e séguese prestando o servizo de recollida de enseres voluminosos a domicilio, previa solicitude no propio concello.”

Desde o goberno municipal elaboraron un percorrido no que de xoves en xoves o vehículo desprazarase polos distintos lugares, con unha permanencia dunha semana, de xeito que periodicamente repetirá os lugares previstos.

Realizarase do seguinte xeito, concretando os lugares específicos mensualmente, así desde o 30 de xaneiro ao 6 de febreiro estará en Gondán, o seguinte xoves irá a Cabarcos, o 13 a Vilamar, o 20 a San Xusto, e rematará o mes do 27 ao 5 de marzo en Morteiro/Val do Caínzo/Ibia.

A partir do 5 marzo estará en A Rilleira, 0 12 en Reinante, o 18 en San Miguel e do 26 de marzo ao 2 de abril en A Barranca.

Do 2 ao 8 de abril atoparáse en Sarxendez, o 8 en O Canteiro, o 16 en Suigrexa, o 23 en Agolada, e do 30 de abril ao 7 de maio en Barrionuevo, todos eles en Benquerencia.

O 7 de maio estará en Remior, o 14 en Vilar, o 21 en San Cosme e o 28 en Celeiro.

CALENDARIO

Do 30/01 ao 06/02: Gondán
Do 06/02 ao 13/02: Cabarcos
Do 13/02 ao 20/02: Vilamar
Do 20/02 ao 27/02: San Xusto
Do 27/02 ao 05/03: Morteiro/Val do Caínzo/Ibia
Do 05/03 ao 12/03: A Rilleira
Do 12/03 ao 18/03: Reinante
Do 18/03 ao 26/03: San Miguel
Do 26/03 ao 02/04: A Barranca
Do 02/04 ao 08/04: Sarxendez
Do 08/04 ao 16/04: O Canteiro (Benquerencia)
Do 16/04 ao 23/04: Suigrexa (Benquerencia)
Do 23/04 ao 30/04: Agolada (Benquerencia)
Do 30/04 ao 07/05: Barrionuevo (Benquerencia)
Do 07/05 ao 14/05: Remior
Do 14/05 ao 21/05: Vilar
Do 21/05 ao 28/05: San Cosme
Do 28/05 ao 04/06: Celeiro


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16964507102966