Xa está en licitación a nova pasarela sobre a vía do tren en Rábade

TerraChaXa
O alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, anunciou que estes días se abrirá o prao de licitación para a exeución do proxecto de construción dunha nova pasarela sobre a vía do tren, no lugar que ocupa a actual, que se encontra nun avanzado estado de deterioro.
74428395_2499876236925103_4694002841931481088_o
18 Dec 2019

O alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, anunciou que estes días se abrirá o prao de licitación para a exeución do proxecto de construción dunha nova pasarela sobre a vía do tren, no lugar que ocupa a actual, que se encontra nun avanzado estado de deterioro. Esta obra estará ao cargo de Adif e pasarán despois a ser titularidade do Concello, quen se ocupará do seu mantemento.

Esta actuación é froito dun convenio, que inclúe tamén o acondicionamento da zona e eliminación do paso a nivel sito na zona do cemiterio. No mes de xaneiro firmouse ese convenio para redactar o proxecto e facer as obras antes de que rematara o ano. Unha das esixencias do Concello

Aínda que non se puido adiantar tanto como se esperaba, o proxecto xa está en licitación. Trátase dunha obra moi demandada pola que o concello levaba esperando dez anos.

CINE MAN

Por outra banda, o Concello de Rábade está negociar co GDR o financiamento para realizar unha primeira fase da adecuación do Cine Man, que queren convertir nunha sala de usos múltiples inspirado no salón rexio do Círculo das Artes de Lugo recuperando a estética da época do cine.. Xa encargaron o proxecto que constaría dunha primeira fase que tería un orzamento de preto de cen mil euros, para os que se busca financiamento.

 

0.1833770275116