Xa está en marcha unha nova edición do Desafío do Ferro

TerraChaXa | AMariñaXa
Xa está en marcha a tercera edición do Desafío do ferro, unha BTT cicloturista para todos os públicos de dúas distancias
desafio do ferro riotorto portada
9 Xul 2023

Xa está en marcha a tercera edición do Desafío do ferro, unha BTT cicloturista para todos os públicos na que poderase elixir entre dúas distancias segundo o estado físico, de 50 quilómetros máis 1.750 metros de desnivel e a de 29 quilómetros + 900 metros.

Terá lugar o día 3 de setembro e desenvolverase entre Riotorto e A Pontenova.

A organización ten previstos uns avituallamientos impresionantes e todos os participantes recibirán como obsequio unha camiseta conmemorativa. Ten un prezo de inscrición de 23 euros no que van incluídos os seguros, o particular terceiro tempo e a comida que este ano estará composta por paella, churrasco e a típica torta de Riotorto.

As inscricións están abertas en ccnorte.com e terán dous tramos, ata o 02-08 o importe será de 23€ e do día 03-08 ao 29-08 será de 28€.

Ademais tanto os participantes como os seus acompañantes poderán inscribirse a tirarse na tirolesa máis grande de Galicia facendo o roteiro dos Fornos e accedendo á mina Consuelo ou só tirándose en tirolesa sen facer o roteiro.

A inscrición pode facerse na mesma web de ccnorte.com a un prezo reducido de 20€ (roteiro+tirolesa) ou 15€( só Tirolesa). Tamén dispoñible para menores.

Os horarios de roteiro+tirolesa son o sábado 2 e domingo 3 ás 11:00 e as 16:00. Os horarios de tirolesa son o sábado 2 e domingo 3 ás 11:30 e 16:30

desafio do ferro riotorto
0.16596698760986