Xa está instalada a nova pasarela sobre o Río Eume nas Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes comezou os traballos de colocación dunha nova pasarela sobre o Río Eume, para minimizar o impacto visual.
nova pasarela rio eume as pontes
nova pasarela rio eume as pontes
24 Maio 2023

O Concello das Pontes comezou os traballos de colocación dunha nova pasarela sobre o Río Eume, unha nova estrutura que permitirá minimizar o impacto visual, segundo as especificacións de Patrimonio e adaptada ás medidas de accesibilidades vixentes.

O proxecto de creación dunha nova pasarela, cun orzamento de 168.441 euros con cargo á Deputación da Coruña, está destinado a mellorar a accesibilidade e mobilidade no casco urbano e garantir, deste xeito, unha mellor calidade de vida entre toda a veciñanza.

0.19743204116821