Xa está preparado o Festival de Pardiñas que se inicia o día 1 cos Cantos de Taberna

GaliciaXa | TerraChaXa
O cartel foi presentado pola organización este luns
presentacion-festival-pardinas
21 Jul 2025

O Festival de Pardiñas celebrarase os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 en Guitiriz, organizado pola Asociación Cultural Xermolos. A edición número 46 desta Feira e Festa da Música e da Arte, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, contará cunha ampla programación cultural e musical.

O venres 1 de agosto terá lugar o XI Certame de Cantos de Taberna a partir das 20:00 horas nos bares de Guitiriz, con agrupacións tradicionais que percorrerán os bares Mexillonada Curro Vello, Balneario de Guitiriz, Capela, Titanic, Falmingo, O Korreo, Soa, Zeus, O Galo Chego, Nistal e Xoldra. O prazo para anotarse estará aberto ata o 27 de xullo.

O sábado 2 de agosto comezará ás 11:00 horas coa apertura da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e da Mostra de Artesanía a primeira hora da tarde. Na primeira actuará como pregoeira Pilar Martínez Conde, Pilocha, unha das artistas máis rompedoras do seu tempo, que lerá o seu pregón sobre as 17.00 horas.

Ás 13:00 horas haberá música tradicional coa agrupación Murga de Cántigas e Frores,  para dar paso ao aberto de billarda. Pola tarde, a partir das 20.30 horas, actuarán Bloquinho de Xermolos, Banda das Crechas, Che Sudaka, Opsa Deheli e Terrae.

Xa antes, terá lugar o concerto de Noitarega e tamén a XLVI Carreira Popular.

O domingo 3 de agosto continuará a programación coa Mostra de Artesanía e a Mostra de Instrumentos. Están previstos dous obradoiros, un durante a mañá, de treboadas, con Oli Xiráldez, e outro de baile tradicional, pola tarde, con Rebeca Tallón.

Haberá un espectáculo infantil a cargo de Patty Diphusa-Superharte a partir das 16.30 horas e tamén pola tardde haberá un encontro de Regeifa na Chá e, a continuación, actuarán Padeireteiras Raigañas. Sobre as 19.30 horas terá lugar a entrega de premios do certame infantil e xuvenil e o pregón estará a cargo de Richi Casás coa compaña de Pandeireteiras Jenni e Hadri Felpete.

Pecharán o festival os concertos de Mediarea (Galicia), De Ninghures (Galicia), Astro Bloc (Escocia) e Dakidarría (Galicia).

O evento contará ademais cun ambiente festivo marcado pola tradición, a arte, a artesanía e a diversidade musical, consolidándose como unha das citas culturais máis importantes do verán en Galicia.

cartel pardinas fetival
⚙ Configurar cookies
0.15346693992615