Xa están abertas as inscricións para a ruta BTT Terras do Eume ás Pontes
TerraChaXa
O importe a deportistas federados é de 20 euros, mentres que o prezo a pagar para os que non estén federados é de 32 euros

2 Sep 2025
As Pontes acollerá o domingo 7 unha nova edición da Ruta BTT Terras do Eume, a IX, que terá a saída diante da Casa do Concello ás 09:00 horas.
Tratase dunha actividade organizada polo club ciclista Terras do Eume, en colaboración co Concello das Pontes e outras institucións próximas.
O importe da inscrición a deportistas federados é de 20 euros, mentres que o prezo a pagar para os que non estean federados é de 32 euros.