Xa están rematadas as obras nas pistas de tenis da Madanela

TerraChaXa
Xa están listas as pistas de tenis municipais de A Madanela, despois da renovación do seu pavimento, o cal se encontraba deteriorado debido ao seu uso e á súa antigüidade.
dav
29 Abr 2018

Xa están listas as pistas de tenis municipais de A Madanela, despois da renovación do seu pavimento, o cal se encontraba deteriorado debido ao seu uso e á súa antigüidade. O importe da licitación das obras, iniciadas o pasado 24 de febreiro, ascendeu a 59.996,53 €.

A execución das obras consistiu en desmontar parte do peche perimetral das pistas e retirada dos postes que suxeitan a rede de xogo, elementos que foron colocados unha vez concluídas as obras de pavimentación. O novo pavimento, de formigón poroso ou Tennisfast, colocouse sobre o existente, cun espesor de 9 cm, textura rugosa, permeable e aberta, formado por áridos redondeados de entre 3/6 e 5/8 mm seleccionados, aglomerados con ligante cementoso e os correspondentes aditivos (óxido de cromo, óxido de ferro, etc.) nas proporcións adecuadas para conferirlle un perfecto equilibrio entre resistencia e porosidade, distribuídos por panos con xuntas para dilatación formadas por perfís de caucho sintético pigmentado en vermello e verde e selado con resinas acrílicas con látex, fixado para soporte de abrasión. Previamente á construción do pavimento procedeuse á recuperación das drenaxes das pistas mediante a execución de varias perforacións e colocouse unha capa de grava miúda sobre o pavimento existente. Unha vez executado o pavimento realizouse o pintado das lineas que definen a zona de xogo.

0.12649393081665