Xa hai data para a primeira carreira, o V Run Foz Run Nadal

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Foz xunto co club de atletismo Ría de Foz, comunicou a realización da V Run Foz Run Nadal que será o día 20 de decembro.
1 1
4 Nov 2020

O Concello de Foz xunto co club de atletismo Ría de Foz, comunicou a realización da que será o día 20 de decembro a partir das 10:00 horas.

"Este ano 2020 non foi un ano sinxelo para o mundo do deporte, nin para moitos de nós por razóns diversas. Oxalá, entre tanto tempo escuro, aprendamos a valorar, máis aínda, as cousas verdadeiramente importantes", dixeron dende o club de atletismo.

Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2005 (incluído) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola organización. A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de 150 participantes en cada unha de elas: unha con saídas a partir das 10 horas e outra con saídas a partir das 11. A organización resérvase 50 prazas a maiores para deportistas convidados.

Para máis información pódese consultar o pdf nesta ligazón ou a páxina web do evento
https://runfozrunnadal.ccnorte.com/

1
0.18292284011841