Xa hai gañadores da terceira edición do certame Vilariñas
O xurado da terceira edición do Certame Vilariñas2019 de miceo-poemas fixo público a designación de gañadores. o primeiro premio correspondeulle ao poema Volta, da viguesa Beatriz Coira Rico. O segundo clasificado foi Sixillo, de Manuel González Prieto. A terceira Vilariña premiada é Desexo, de Ana García Rivas.
Os tres poetas recibirán as Vilariñas deseñadas pola artista Viki Rivadulla nun acto que se realizará pasado o verán e que servirá tamén de homenaxe á poeta Marica Campo, moi vinculada á Terra Chá, a Guitiriz e aos Vilares de Díaz Castro.
Nesta ocasión presentáronse un total de 120 vilariñas presentadas e dunha alta calidade, "o que contribúe consolidar o certame cada ano", explica a organización.
Os gañadoress da primeira edición foron Andrea Araújo, Pedro Rielo e Toño Núñez. Na segunda foron Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo, a quenes se suman nesta terceira entrega do certame Beatriz Coira, Manu González Prieto e Ana García Rivas.