O colectivo cultural Avelino Díaz vén de facer público o resultado dos gañadores da quinta edición do Certame de Debuxo e Poesía do mesmo nome, convocado por los concellos de Meira e Riotorto.
A convocatoria estivo dividida en varias categorías. Entre os máis pequenos, de 3 a 8 anos, a disciplina foi o debuxo e o vecendor foi Iago Lóperz López con Superpataca salva a Avelino, seguido de Aitana Salgado Reimondo, por O meu cole, e Natalia Val Sánchez, con Primavera.
En poesía, na categoría de 9 a 12 anos, o traballo Os bicos da miña familia de Luna Lorenzo Teijeiro foi a gañadora á que acompañaron Os meus queridos animais, de Alejandro Reigosa Ramallal, e A paisaxe floreada, de Alicia Linares González; con accésit para Álvaro López Boutafala por O rato e o coello, e Celia Blanco Picón con Froita de temporada.
Na categoría C, de 13 a 17 anos, o gañador foi Pablo González Varela, coa peza Ti, seguida de Candela Miguélez Buján, con Destino ou casualidade?, e Raquel Miguélez González con Memoria inútil. Tamén houbo un accésit para Martín Barreiro Varela por Liberdade.
Entre os maiores de 17 anos, o primeiro premio foi para o traballo Memoria triste de maio de Matiño Maseda Lozano. Tamén gañaron Espranza Mariño Davila con Sempre no exilio, e Manuel Rancaño Míguez con Na memoria. Deron un accésit tamén a Natalia Lema Otero por Entre papoulas e tormentas.
O xurado estivo formado por Marica Campo Domínguez, Jesús Trashorras Méndez e Tománs Cuesta González con Yoani Jartíun Salgado como secretaria.
Os premios entregaranse o sábado 11 no centro sociocultural de Meira, a partir das 19.00 horas.