Xa hai gañadores do certame de pintura rápida ao aire libre de Outeiro de Rei
O pasado 7 de xullo, durante a celebración da XII Feira da artesanía de Outeiro de Rei, tivo lugar o certame de pintura ao aire libre no que competiron un total de catro artistas resultando premiados os seguintes traballos:
1º premio (500 € máis diploma acreditativo) para a obra Miño realizada por Pablo García Ávila.
2º premio (300 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada: Escaleiras de Santa Isabel realizada por Manuel Carballeira Rivas.
3º premio (200 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada: O recuncho de Santa Isabel realizada por Noemí Nuñez Nuñez.
As obras premiadas poderán visitarse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ata o día 27 de xullo en horario de 9:00 h a 14:00 h.
SORTEO. Durante a xornada de celebración daXII Feira da artesanía de Outeiro de Rei tivo lugar o sorteo de 20 premios de 50 € cada un.
Os números premiados foron os seguintes: 1815/ 1372/ 2980/ 0368/ 1485/ 0084/ 3765/ 0733/ 3452/ 4216/
1831/ 3870/ 1300/ 4368/ 4378/ 0826/ 2398/ 3375/ 1286/ 4164.
No momento do sorteo apareceron as persoas agraciadas cos números 1485, 4378 e 0826.
As persoas acredoras dos dezasete premios restantes poderán retiralos no Concello de Outeiro de Rei no prazo dun mes dende a celebración do sorteo, é dicir ata o 7 de agosto, presentando o resgardo da rifa.