Xa hai gañadores do IV Certame Vilariñas

TerraChaXa
O xurado do IV Certame Vilariñas fixo público xa o nome dos gañadores deste ano 2020.
Captura de pantalla 2020 04 05 a las 10.01.45
5 Abr 2020

O xurado do IV Certame Vilariñas fixo público xa o nome dos gañadores deste ano 2020. O primeiro premio recaeu en Pilar Alonso, de Ponteareas, coa vilariña titulada Acougo. Pilar pertence ao colectivo poético de base Versos de Area, de Ponteareas.

O segundo premio foi para Andrea Fernández Maneiro, de Vilagarcía, coa vilariña Elas.

Suso Bahamonde, de Cee, levou o terceiro premio con unha vilariña sen título. Suso é un histórico da poesía da Costa da Morte e foi un dos membros do Batallón Literario da Costa da Morte.

Os gañadores/as recibirán unha peza feita a man da artista de Muxía Viki Rivadulla, xa característica destas catro edicións, que representa a unha muller galega co paxaro da creatividade na cabeza.

O acto de entrega está este ano condicionado pola evolución da pandemia do coronavirus, polo será anunciado máis adiante.

Nas anteriores edicións os poetas gañadores foron:

Edición 2017: Andrea Araújo de A Guarda, Pedro Rielo de Pontevedra e Toño Núñez de Navia.
Edición 2018: Beatriz Dourado de Lugo, Mila Villanueva de Valencia e Cris Amoedo de Vigo.
Edición 2019: Beatriz Coira de Vigo, Ana Rivas de Vilagarcía e Manuel González do Bierzo.
O certame Vilariñas naceu inspirado no poema A Espada, de Xosé María Díaz Castro, e nas herbas pequerrechiñas dese poema. No valor das cousas pequenas. Así, o nome diminutivo e a palabra Vilariña vén do lugar de nacemento do poeta dos Vilares e do lugar de Vilariño dos Cregos. Un nome que aspira a ser a denominación popular dos micro-poemas en língua galega. Están organizados por Nova Poesía Guitirica e Lareira de Soños.
20200404_215501
20200404_215522
20200404_215540
0.1840968132019