Xa hai gañadores no concurso de decoración de escaparates de Nadal

TerraChaXa
O Concello de Vilalba anuncia os gañadores do IV Concurso de Escaparates de Nadal, un certame organizado pola concellería de Comercio para promover e dar visibilidade aos negocios da vila creando un ambiente propio das Festas do Nadal.
3 Xan 2023

O Concello de Vilalba anuncia os gañadores do IV Concurso de Escaparates de Nadal, un certame organizado pola concellería de Comercio para promover e dar visibilidade aos negocios da vila creando un ambiente propio das Festas do Nadal.

En total participaron 34 establecementos entre os que o xurado destacou a “Carlin” Vilalba, que como gañador do primeiro premio recibirá 600 euros, mentres que o segundo posto foi para “A Chave dos Soños”, que recibirá 400. O terceiro lugar recaeu en “Fíodecor”, cun cheque de 200 euros.

Por outra banda, o escaparate máis votado pola cidadanía na rede social Facebook foi o “Gimnasio Sport Center”, que acadou un premio de 100 euros.

Un ano máis, dende o Concello de Vilalba agradecen aos comercios a ampla participación neste concurso que axuda a embelecer á capital chairega no Nadal, así como ao xurado, composto nesta cuarta edición pola alcaldesa Elba Veleiro, que actuou como presidenta, xunto a Carmen Hermida, xornalista en Radio Cope Lugo; Javier Ramallal, xornalista de Radio Principal; Marta López Yañez, secretaria xeral da Federación de Comercio de Lugo; Verónica Rodríguez, deseñadora e interiorista de UVE Laboratorio de deseño, e Mª Ángeles Rivas Vázquez, presidenta da Asociación de Veciños de San Cosme de Nete. 

A valoración dos escaparates baseouse na orixinalidade e a complexidade, a artesanía, a creatividade, o deseño e a calidade, o atractivo comercial e a decoración acorde ao produto de venda.

0.31933689117432