Xa hai premios Vilariñas 2022
Teresa Ríos, Fran Fernández Davila (por Tomo) e María Álvarez Landesa (por Malandesa), foron escollidos como os Premios Vilariñas 2022, na sua VI edición.
Os premiados foron comunicados este 17 de maio, Día das Letras Galegas, e recibirán os galardóns no acto de clausura do II Festival de Poesía Guitirica conxuntamente coa entrega do Premio Díaz Castro de poesía, que terá lugar o próximo día 3 de xullo na Casa Habanera de Guitiriz.
Todas as Vilariñas participantes encherán este ano as farolas de Guitiriz como parte das actividades do Festival de Poesía Guitirica.
Os premiados recibirán unha figura xa clásica da autoría da artista muxiá Viki Rivadulla que representa a unha muller galega cuns paxaros na cabeza. Cada unha das pezas é feita a man e ningunha é igual a outra, polo que cada peza é única.
As Vilariñas, consolidadas na sua sexta edición, constitúen unha orixinal mistura de micro poemas con imaxe que se están a convertir nunha especie de haikus á galega.
Inspiradas no nome do lugar de peixe do poeta Díaz Castro nos Vilares e no seu poema Esmeralda, as Vilariñas son unha homenaxe anual ao poeta de referencia, o poeta das cousas pequenas, como pequenas e humildes son as Vilariñas.