Xa se pode solicitar en Muras a subvención municipal para o consumo eléctrico

TerraChaXa
O Concello de Muras manterá aberto durante todo o mes de febreiro o prazo para solitar as subvencións municipais sobre consumo eléctrico.
2 Feb 2018

O Concello de Muras manterá aberto durante todo o mes de febreiro o prazo para solitar as subvencións municipais sobre consumo eléctrico.

O prazo, que xa comenzou, estará aberto durante todo o mes de febreiro e corresponderá ao 2017. Como en edicións anteriores, todos os interesados en solicitar esta axuda terán que presentar as facturas correspondentes ao todo o ano pasado nas oficinas municipais, no Rexistro Xeral. Este ano, como novidade, o abono farase nun único pago.

Estas axudas establecéronse en función dos seguintes obxectivos:

  • Garantir o nivel de calidade de vida e de benestar de todos os veciños do concello de Muras, especialmente a suficiencia económica da terceira idade, xa que constitúe o sector maioritario da nosa poboación.
  • Compensar a xeración de riqueza dos nosos recursos naturais explotados por empresas con sedes fiscais fóra do noso territorio, e tamén compensar o impacto medioambiental de forma directa nos veciños e veciñas.
  • Fomentar o asentamento de veciños no municipio, evitando o éxodo rural á costa e ás cidades.
  • Erradicar do municipio a pobreza enerxética.

O importe individual das achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria non superará os 500€ por unidade familiar e concederase en función da Renda per Cápita anual da unidade familiar.

Poderán optar a estas axudas cada un dos representantes das unidades familiares que consten no censo de empadroamento do Concello de Muras. Para este procedemento terase en conta o padrón municipal de habitantes e vivendas que conste no rexistro do concello o día da súa aprobación no pleno da corporación municipal.

Concederase unha soa axuda a cada representante da unidade familiar que o solicite e unha soa por vivenda habitual e por contador da luz destinado á vivenda habitual. No caso de edificios de vivendas, poderase conceder a axuda a cada vivenda que forme parte del e que así conste no padrón municipal de habitantes. Non poderán optar a estas axudas as vivendas que teñan débedas coa administración local, agás que sexan abonadas antes do remate do prazo para presentar as solicitudes.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18177509307861