Xa se pode visitar en Ribadeo da exposición Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi
TerraChaXa | AMariñaXa
Ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi.
17 Nov 2020
Ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición promovida polo colectivo Egeria Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi, na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, en Lugo, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.
A exposición, composta de 12 paneis, ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois ao longo deste ano en vilas de toda a provincia. A Ribadeo chegou procedente de A Fonsagrada e desde aquí partirá para Triacastela.