Xa se poden pedir as autorizacións para a retirada de árbores e podas nos ríos de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
Xa se poden pedir as autorizacións para a retirada de árbores e podas nos ríosde Ribadeo
5 Nov 2020

O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o Concello ven de conseguir unha autorización xenérica para realizar traballos de retirada de árbores secas e corta e poda de vexetación en ríos e regos do termo municipal que son competencia da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, é dicir os que desembocan no río Eo ou na ría de Ribadeo. Aquelas persoas que desexen facer uso desa autorización deben presentar unha comunicación no Concello de Ribadeo.

Os veciños que queiran facer uso desta autorización, á hora de desenvolver traballos como retirada de árbores secas ou caídas, podas, rozas, etc…, no ámbito de afección destes ríos ou regatos, deberán presentar unha comunicación previa no Concello, cubrindo un formulario que hai establecido e sen a necesidade de acudir nin á Confederación Hidrográfica nin a ningunha das súas oficinas.

O alcalde engadiu: “se alguén quere realizar este tipo de traballos nos ríos e regos que desembocan na costa, neste caso as xestións administrativas si que se deben realizar directamente diante de Augas de Galicia, que ten para iso establecido o correspondente procedemento de declaración responsable. Para máis información ao respecto poden contactar coa Área de Medio Ambiente no teléfono do Concello ou no correo electrónico sostibilidade@Ribadeo.org.” 

0.18484783172607