Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e A Banda da Loba, primeiras confirmacións da Festa da Torta de Millo de Guitiriz

O Concello de Guitiriz realizou hoxe o primeiro anuncio da programación da VIII Festa da Torta de Millo de Guitiriz: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e A Banda da Loba poñerán a nota musical ao evento, que se celebrará o domingo 1 de xuño.
Xabier Díaz interpretará moitas das cancións do seu sétimo disco, Axúdame a Sentir, acompañado das sobresaíntes Adufeiras de Salitre. Un álbum que reafirma a súa condición como un dos principais expoñentes do folclore galego contemporáneo.
A Banda da Loba, formada por Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana, inclúe Guitiriz dentro da súa nova xira Lovismo, o seu último traballo no que exploran e falan sobre o amor e as súas múltiples formas e expresións.