Xaime Castro foi reelixido presidente do CD As Pontes

Xaime Castro foi reelixido como presidente do CD As Pontes para os vindeiros catro anos por aclamación.
O pasado día 18 de xullo, unha vez constatado que soamente había unha candidatura presentada, e dado que dita candidatura cumpría cos requerimentos esixidos, a Xunta Electoral do club, cumprindo coas normas electorais aprobadas na asemblea de socios do club o pasado día 10 de xullo, nomeou a candidatura encabezada por Xaime Castro como nova xunta directiva de cara aos vindeiros catro anos.
Por outra banda, o club abriu o prazo de renovación de altas para a próxima tempada 2024/25. O club estableceu un enlace para a descarga de documentos, que deberán ser enviados a cdaspontes@gmail.com