Xantar de confraternidade en Corvelle con música dos anos 70
TerraChaXa
Para máis información e reservas, pódese contactar co teléfono 690 79 50 15

11 Feb 2025
A Asociación de Mulleres Santa Águeda de Corvelle, en Vilalba, organiza un xantar de confraternidade o vindeiro sábado 15 de febreiro, a partir das 14:00 horas, na Escola de Corvelle.
O evento promete ser unha ocasión perfecta para gozar dunha xornada de convivencia e música nostálxica, coa animación de temas dos anos 70 que farán revivir os mellores recordos e volver sentirse mozos e mozas por un día.
Para máis información e reservas, pódese contactar co teléfono 690 79 50 15.