Xardín Desordenado actúa de balde en Guitiriz presentando o seu novo disco
O grupo de música Xardín Desordenado presentará en concerto o seu novo disco Victoria da Luz na Casa Habanera de Guitiriz o 5 de outubro ás 21:00 horas.
O seu novo disco está adicado a María Victoria Moreno e nel se fai un repaso a nove anos de música e poesía.
No ano 2.011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios centíficos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.
Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.
O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” convertiron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…e nove anos máis tarde, cargados de experiencia e máis poetas e máis versos. En Guitiriz farán un repaso pola súa traxectoria, onde non faltarán temas cos poemas de Darío Xohán Cabana, Manuel María e o noso Xosé María Díaz Castro.
Un concerto que é a súa estrea na Terra Chá inaugurando o programa Do Trinque, da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de Soños adicado a novidades editoriais, artísticas e musicais.
Santiago Ferragud, Isaac Garabatos e Marlene Rodrígues deleitarán os con poesía musicada d@s mellores poetas de Galiza moitos dos cais figuran nos seus traballos discográficos, Carlos Casares, A Victoria da luz, Xardín Desordenado ou aprendendo a ladrar, e dos que disfrutarán os asistentes, que terán a entrada de balde.
O concerto forma parte da longa xira deste ano adicada a María Victoria Moreno e co nome 'A Victoria da Luz'. Chegarán a Guitiriz de dar un concerto en Pontevedra o 26 Setembro celebrando o día internacional das linguas, e o 20 de Outubro estarán no Centro Galego de Salamanca.