Xemil celebra esta fin de semana as Festas na honra a San Antón con música e misa solemne

TerraChaXa
As festas contarán con campo cuberto con carpa para facilitar a participación veciñal
festas-xemil-pastoriza
5 Jul 2025

A parroquia de Xemil, en Bretoña, A Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas tradicionais Festas na honra a San Antón, cun programa que inclúe música, procesión e misa solemne.

O sábado 5 de xullo terá lugar a misa solemne ás 14:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Obice Capital, que tamén amenizará a verbena pola noite.

O domingo 6 de xullo repetirase o mesmo esquema, con misa solemne ás 14:00 horas, procesión e sesión vermú, desta volta co dúo Estrellas, encargado tamén de poñer a música na verbena.

As festas contarán con campo cuberto con carpa para facilitar a participación veciñal e manter viva esta cita festiva que cada ano reúne á veciñanza e visitantes na parroquia de Xemil.

⚙ Configurar cookies
0.16769695281982