Xermade acolle esta tarde unha clase aberta de zumba

TerraChaXa
O Concello de Xermade convoca a todos os veciños e veciñas do termo municipal a unha clase aberta de zumba que se desenvolverá esta tarde.
fin de curso clase de zumba portada
fin de curso clase de zumba portada
29 Maio 2023

O Concello de Xermade convoca a todos os veciños e veciñas do termo municipal a unha clase aberta de zumba que se desenvolverá esta tarde, a partir das 19.30 horas na praza do Concello.

Non será necesaria inscrición previa para dita actividade e en caso de que a climatoloxía sexa adversa a actividade trasladarase ao pavillón municipal. Esta clase é tamén a celebración do fin de curso do curso que se desenvolveu na vila.

A zumba é unha actividade apta para todas as idades que combina o exercicio físico co baile.

fin de curso clase de zumba
0.12770795822144