Xermade acolle este venres un obradoiro sobre a tradición cantareira

TerraChaXa
A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional e a lingua, de xeración en xeración
cantareiras
27 May 2025

A biblioteca de Xermade acollerá este venres, 30 de maio, o obradoiro Mulleres, ritmo e tradición, relacionado coas cantareiras. Este estará a cargo de Sabela Olivares e comezará ás 18.00 horas.

A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional e a lingua, de xeración en xeración. A ReRede De Dinamización Lingüística súmase a esta homenaxe con esta e outras actividades.

Mulleres, ritmo e tradición é un obradoiro de música tradicional dirixido a nenas e nenos de infantil e primaria. Combina o descubrimento do patrimonio musical galego coa expresión corporal e vocal. A través da tradición oral, e empregando a percusión corporal como ferramenta principal, os nenos e nenas coñecerán de maneira lúdica, creativa e adaptada á súa idade, a riqueza e a función da música galega. Ao tempo que, cunha aprendizaxe multisensorial, se fomentan habilidades como a coordinación, a memoria e a atención, visibilizarase o papel das mulleres na nosa tradición musical cun enfoque integrador que busca que a música sexa vivida, non só como herdanza, senón tamén como experiencia enriquecedora e significativa.

⚙ Configurar cookies
0.17698001861572