Xermade acolle un curso de formación informática en economía social

TerraChaXa
As inscricións poden realizarse no Concello de Xermade ou no teléfono 982 501 001
curso-xermade-economia-social
26 sep 2024

A aula da biblioteca pública municipal de Xermade acollerá un curso da Rede Eusumo sobre o impacto das novas tecnoloxías nas empresas de economía social.

Trátase dunha formación sobre informática básica de 30 horas que arrancará o 30 de setembro e rematará o 21 de outubro, de 15.30 a 18.30 horas os luns, martes e mércores.

As inscricións poden realizarse no Concello de Xermade ou no teléfono 982 501 001.

0.19786214828491