Xermade acolle un espectáculo do Mago Martín dentro do programa Dinamiz-ARTj

TerraChaXa
O espectáculo, presentado como unha procura activa de novos magos e magas, propón unha experiencia na que a maxia e o humor se combinan para facer partícipe ao público
se-busca-mago-xermade
5 Apr 2026

O Concello de Xermade ofrecerá o luns, 6 de abril, unha proposta de lecer familiar coa chegada do espectáculo Wanted: Se busca mag@, protagonizado polo Mago Martín. A función terá lugar ás 12.00 horas na nave da Feira, en Momán, e está dirixida a público infantil de entre 3 e 12 anos, así como ás súas familias.

O espectáculo, presentado como unha procura activa de novos magos e magas, propón unha experiencia na que a maxia e o humor se combinan para facer partícipe ao público. A través dun formato dinámico e interactivo, o artista conseguirá que os propios asistentes formen parte dos efectos máxicos, creando unha proposta pensada para o goce compartido de pequenos e maiores.

A iniciativa forma parte do programa Dinamiz-ARTj, impulsado polo Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Ciudad de la Energía, co obxectivo de achegar actividades culturais e de dinamización ao territorio.

Desde o Concello de Xermade destacan que se trata dunha oportunidade para desfrutar dunha experiencia diferente, na que “todos e cada un de nós albergamos verdadeira maxia no interior”, nun ambiente lúdico e participativo pensado para toda a familia.

0.13731408119202