Xermade acolle un espectáculo o xoves con motivo do Día da Narración Oral

TerraChaXa
Será na biblioteca, ás 18.00 horas, a cargo da compañía Xarope Tulú.
lingoreteiras-xarope-xulu
16 Mar 2025

A Biblioteca Municipal de Xermade acollerá o vindeiro 20 de marzo ás 18:00 horas o espectáculo Lingoreteira, unha proposta artística que conmemora o Día Internacional da Narración Oral. Esta función, dirixida ao público familiar, combina narración oral, música e a manipulación dun monicreque, ofrecendo unha experiencia única e chea de emoción.

Lingoreteira, a cargo da compañía Xarope Tulú, rende homenaxe ás lingoreteiras, esas persoas que co seu verbo fluído e incesante contribúen a manter vivas as historias e a tradición oral. A actuación, que forma parte do programa Dinamiz-ARTj, está promovida polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (Ciuden).

A organización convida a toda a veciñanza a achegarse para gozar dunha tarde de contos, música e diversión en boa compañía.

⚙ Configurar cookies
0.10917592048645