Xermade acolle unha charla sobre cardiopatías nas mulleres o xoves
TerraChaXa
Este xoves, 11 de xullo, terá lugar na biblioteca de Xermade unha charla-coloquio co cardiólogo Plácido Orosa a partir das 16.
Cartel
10 Xul 2024
Este xoves, 11 de xullo, terá lugar na biblioteca de Xermade unha charla-coloquio co cardiólogo Plácido Orosa a partir das 16.00 horas.
Trátase dunha sesión organizada polo Concello con este especialista en Cardioloxía que falará sobre as cardiopatías nas mulleres como a hipertensión arterial, colesterol, infarto, anxina de peito e trastornos do ritmo cardíaco, ademais de responder todas as preguntas que se lle fagan.