Xermade acolle unha sesión de contacontos de Caxoto
O próximo mércores a Biblioteca Municipal de Xermade acollerá o espectáculo Moito que limpar!, unha sesión de contacontos a cargo de Caxato, onde abordará estas temáticas dende o diálogo co público, a reflexión colectiva, o respecto polas opinións, etc.
Dará comezo ás 17.00 horas e está dirixido a público familiar e infantil entre 4 e 10 anos e ten 60 minutos de duración.
Dende que Caxoto Díaz Valle comezou a contar contos alá polo 2005, a educación en valores en xeral e a igualdade de xénero en concreto, foi sempre un eixe transversal na elección do seu repertorio.
Ese repertorio foi medrando e hoxe en día Caxoto conta cun amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade entre homes e mulleres: Os estereotipos, a coeducación, os tipos de violencia, a diversidade sexual...