Xermade acolle unha sesión de voluntariado tecnolóxico para o rural
A biblioteca de Xermade acolle este xoves, 10 de novembro, unha xornada de voluntariado tecnolóxico que ten como obxectivo o desenvolvemento do rural.
O programa Volun TIC Galicia Rural da Fundacion Cibervoluntarios está centrado na formación e divulgación de voluntariado tecnolóxico para chegar ás zonas rurais de Galicia.
O presente obradoiro ten como obxectivo promocionar, potenciar e poñer en valor o voluntariado tecnolóxico e fortalecer a súa sostenibilidade, mediante a visibilización e o intercambio de experiencias e boas prácticas, así como potenciar a participación cidadá e social para contribuír a unha sociedade máis conectada, solidaria, activa e transformadora.
Poden participar todas as persoas que estén interesadas en coñecer de cerca en que consiste o voluntariado tecnolóxico.
A sesión terá lugart a partir das 18.00 horas.