Xermade acollerá un curso sobre acoso escolar e ciberacoso

TerraChaXa
Esta iniciativa busca dotar aos participantes de ferramentas e coñecementos necesarios para recoñecer e actuar fronte estas situacións
bullying_acoso-escolar
3 Nov 2024

O Concello de Xermade organiza un curso dirixido a abordar as problemáticas do acoso escolar e o ciberacoso. O evento terá lugar o próximo 7 de novembro de 2024 na Sala de Xuntas da Biblioteca Municipal de Xermade, entre as 16:00 e as 22:00 horas. Esta formación está acreditada por Grupo Forma e Afammer (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) da provincia de Lugo.

A actividade enmárcase dentro das iniciativas promovidas pola Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Corresponsables e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España. O obxectivo principal do curso é sensibilizar e formar á poboación para previr situacións de acoso entre menores, especialmente no ámbito escolar e a través das redes sociais.

Para asistir ao curso, é necesario realizar a inscrición mediante WhatsApp no número 678 744 178. Esta iniciativa busca dotar aos participantes de ferramentas e coñecementos necesarios para recoñecer e actuar fronte a situacións de acoso, promovendo así un entorno máis seguro e inclusivo para os máis novos.

0.1916229724884