Xermade anuncia os traballos premiados no Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2025

TerraChaXa
A entrega de premios celebrarase o xoves 19 de xuño ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal
entrega-de-premios-biblioteca-xermade
8 Jun 2025

O Concello de Xermade vén de anunciar os traballos gañadores do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2025, unha iniciativa que busca promover a creatividade, a expresión artística e o uso da lingua galega entre a mocidade do municipio.

Na categoría de debuxo, resultaron premiadas no grupo A as alumnas Uxía Cazás Pardiñas, Sara García Campello e Carme Ruibal Saavedra. No grupo B, os galardóns foron para Raúl Pérez Amarelo, Lucía Puentes Lostre e Noa Román Pardiño. No grupo C, a gañadora foi Tamara López López.

Pola súa parte, na categoría de narración, os premios do grupo B foron para Elena Gato Ares, Lois Martínez Bermúdez e Xela Prieto Lomba. Ademais, concedeuse un accésit a Martina Fernández Salgado.

A entrega de premios celebrarase o xoves 19 de xuño ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal de Xermade. Desde o Concello destacan a calidade dos traballos presentados e a boa acollida do certame, que un ano máis serve para poñer en valor o talento artístico e literario da mocidade xermadesa, ao tempo que se homenaxea a nosa lingua e cultura no marco das Letras Galegas.

⚙ Configurar cookies
0.20386600494385