Xermade celebra as patronais desde o venres
TerraChaXa
Unha liscada abrirá as celebracións xunto á música de Venus e Karamba
4 Ago 2024
Este venres, 9 de agosto, darán comezo as festas patronais de Xermade, que se prolongarán ata o domingo 11 con actuacións e verbenas todas as noites na honra a Nosa Señora.
Así, os grupos Venus e Karamba serán os encargados de inaugurar a celebración a noite do venres nunha sesión na que haberá liscos de balde ata que se agoten. Continuarán o sábado con Trebol, que fará a dobre sesión e Tania Veiras, que actuará pola noite.
O domingo será a vez do grupo Fénix, que tamén farán dobrete.
Tanto sábado como domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas.