Xermade celebra as patronais e a Xuntanza de Roupareses

TerraChaXa
Hoxe, venres, 4 de agosto, dan comezo as festas de Xermade, que se prolongarán ata o domingo 6 con actuacións e verbenas.
festas-xermade-portada
4 Ago 2023

Hoxe, venres, 4 de agosto, dan comezo as festas de Xermade, que se prolongarán ata o domingo 6 con actuacións e verbenas todas as noites na honra a Nosa Señora.

Así, os dúos Caramelo e Elite serán os encargados de inaugurar a celebración a noite do venres para continuar o sábado con Fuego, que fará a dobre sesión e Ocaband que actuará pola noite.

O domingo será a vez de D’Noche, que tamén farán dobrete.

Tanto sábado como domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión.

ROUPARESES

Por outra banda, mañá, sábado, terá lugar a XII edición da Xuntanza dos Roupareses, unha cita que non se celebraba desde antes da pandemia.

Este sábado será en Roupar de Abaixo onde terá lugar a XII Xuntanza dos Roupareses, organizada pola Asociación Mulleres Rurais de Roupar, e as Asociacións de Veciños de San Estevo, Do Campo e de Roupar.

A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa en recordo dos veciños que xa non están. Acto seguido será a sesión vermú amenizada polo Claudia e outras actuacións musicais.

Despois haberá un xantar popular cun menú que inclue empanada, paella, costela asada, lacón, sobremesa, café e chupitos.

0.18122696876526