Xermade celebra o 15 unha xornada de promoción do cooperativismo
A antiga Casa do Sindicato en Xermade acollerá o sábado 15 de outubro unha xormada de promoción e difusión do cooperativismo.
Coincide tamén co Día Internacional da Muller Rural ás que se lles fará unha homenaxe ao final da velada cunha degustación dos Chícharos da Cova, que foron postos en valor recentemente gracias a unha iniciativa dunha técnica, Susana Trastoy, que participaba nun proxecto de recuperación de especies hortícolas.
A xornada dará comezo ás 11.15 horas e comezarán coa presentación da cooperativa Almoga con Fina Felpeto e Susana Trastoy.
Continiuará despois coa presentación do proxecto de recuperación do chícharo ao cargo do técnico agrícola Marcos Besada e novamente Susana Trastoy.
As persoas interesadas en asistir pode inscribirse no teléfono 982 501 001.