Xermade celebra o Día da Muller Rural cun monólogo
TerraChaXa
Xermade celebrará o Día da Muller Rural Rural reivindicando o papel da muller. Para iso, organizou un monólogo de Arantxa Treus.
12 Out 2021
O Concello de Xermade celebrará o Día da Muller Rural Rural reivindicando o papel da muller. Para iso, organizou un monólogo de Arantxa Treus que leva por título Sexo débil? O Carallo.
Esta sesión terá lugar o venres, 15 de outubro, ás 20.00 horas na Casa Habanera de Roupar. Debido ás normas actuais o aforo será limitado e asignado pola orde de chegada.
Esta actuación englóbase está repaldada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.