Xermade celebra un ano máis a súa Festa das Persoas Maiores o día 12

TerraChaXa
A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal
festa-dos-maiores-de-xermade
31 Aug 2025

O Concello de Xermade celebrará o  venres 12 de setembro a súa tradicional Festa das Persoas Maiores, que chega nesta ocasión á súa edición número XX.

A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal, que dará comezo ás 14.30 horas. Xa antes, ás 14.00 horas, haberá unha actuación musical a cargo do grupo Axóuxere de Roupar.

Pola tarde haberá baile amenizado por Verónica Cambón e o tradicional recoñecemento ao home e a muller de maior idade.

O menú da comida, que terá un custe de 15 euros para os veciños do concello, contará con lacón, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, café e bebidas. Para aqueles que desexen asistir e non estean empadroados en Xermade, o custe da inscrición é de 30 euros.

O prazo para anotarse xa está aberto ata o 5 de setembro e pode facerse no propio consistorio de 9 a 14.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.16482090950012