Xermade celebrará as Letras Galegas coa entrega dos premios da Biblioteca

TerraChaXa
O Concello de Xermade celebrará este sábado, 19 de maio, ás 12.
xermade_portada
15 May 2018

O Concello de Xermade celebrará este sábado, 19 de maio, ás 12.00 horas, o obradoiro creativo María Victoria Moreno, unha historia de amor. para conmemorar o Día das Letras Galegas. Este obradoiro consistirá nunha serie de actividades, como contacontos e debuxos para dar a coñecer a vida e a obra de María Victoria Moreno.

Esta sesión estará a cargo da compañía Polo Correo do Vento, de Pontevedra. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos e será necesaria a inscrición previa na biblioteca para poder participar.

Ademais, farase entrega dos premios aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo infantil convocado con motivo das Letras Galegas. Os gañadores foron, na categoría de debuxo Raúl Pérez Amarelo, Icía Ledo Maceira e Victoria García Lama (ata 8 anos) e Sara Lorenzo Blanco e Sarai Paz Prieto (no grupo de 9 a 11 anos.

En narración, na categoría B gañaron Sarai Paz Prieto e Uxía Pena Basanta.

xermade_biblitoeca
0.17401695251465