Xermade celebrará o día 31 de outubro unha festa de Samaín

O Concello de Xermade organiza o día 31 de outubro, xoves, unha festa de Samaín, que terá lugar no pavillón municipal a partir das 17.00 horas.
A celebración contará cun obradoiro de camisetas de Samaín ademais doutras actividades como unha zona especial de xogos, manualidades e outro de música. As persoas que queiran participar no obradoiro deberán levar a súa camiseta.
Completarase a festa cunha merenda.
Para participar serán necesario inscribirse con antelación ao 28 e outubro por whastapp no teléfono 678 744 178.