Xermade celebrará o venres a tradicional festa de Samaín

TerraChaXa
A celebración contará con obradoiros ademais doutras actividades como unha zona especial de xogos, manualidades e outro de música
festa-de-samain-en-xermade
28 Oct 2025

O Concello de Xermade, en colaboración coa ANPA do colexio, organiza o día 31 de outubro, venres, unha festa de Samaín, que terá lugar no pavillón municipal a partir das 17.00 horas.

A celebración contará con obradoiros ademais doutras actividades como unha zona especial de xogos, manualidades e outro de música.

Completarase a festa cunha merenda e a organización prega que se asista disfrazado.

⚙ Configurar cookies
0.069797992706299