Xermade conmemora o Día da Muller rural o xoves
O concello de Xermade ten previsto realizar unha serie de actividades para conmemorar o día da Muller Rural, que se desenvolverá o 18 de outubro.
Conmemorarán o día cun encontro con mulleres rurais de Mugardos e Xermade, e ademais contarán coa presenza de dúas xóvenes emprendedoras, Silvia Durán e Inés López, dúas mulleres que encabezan dous proxectos pioneiros no concello. Estes proxectos tratan sobre as galiñas araucanas na Finca Azureira de Roupar e a cociña vexetariana en Cabreiros.
Ademais, acompañarán a xuntanza as Pandereteiras da Tallería e haberá un xantar no Restaurante Tino sobre a 1 do mediodía por un prezo de 10 euros. Despois do xantar falarán do rural coas persoas presentes e rematarán a xornada sobre as 5 da tarde.
Para anotarvos podese chamar ao concello de Xermade ou na segunda planta do concello.