Xermade conta tamén cun novo tractor para roza

TerraChaXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta o municipio de Xermade para formalizar a entrega dun novo tractor dotado de dous apeiros desbrozadores (un de arrastre e outro de brazo) que o Concello ten adquirido grazas a un convenio coa Consellería do Medio Rural que supuxo unha axuda de 90.
tractor xermade
17 Xan 2018

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta o municipio de Xermade para formalizar a entrega dun novo tractor dotado de dous apeiros desbrozadores (un de arrastre e outro de brazo) que o Concello ten adquirido grazas a un convenio coa Consellería do Medio Rural que supuxo unha axuda de 90.000 euros.

O apoio autonómico permite á administración local dispoñer de máis medios para facer fronte á súa competencia relativa ao control forestal, máis en concreto, a necesidade de manter libre de maleza tanto as infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas municipais. Precisamente reforzar este apoio entre as diferentes administracións é un dos obxectivos do plan de 30 medidas da Xunta impulsa para mellorar a loita contra os lumes.

Dos 35 convenios que se asinaron en toda Galicia e que supuxeron un desembolso de 3,1 millóns de euros, 13 pertencen á provincia de Lugo: en concreto, resultaron beneficiarios os municipios de Alfoz, Antas de Ulla, Carballedo, Castroverde, Chantada, Cospeito, O Incio, Monterroso, A Pastoriza, Ribadeo, O Saviñao, Trabada e Xermade

Os concellos seleccionados foron elixidos baixo criterios obxectivos, entre outros, tiveron en conta o número de habitantes (menos de 10.000), o número de entidades de poboación, ou que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos.

Ademais, debían cumprir con algunha das seguintes esixencias: ter subscrito o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 nas súas tres liñas de actuación, ter rexistrada algunha Parroquia de Alta Actividade Incendiaria no seu territorio (PAAI) ou que teñan predios recoñecidos -ou en proceso de recoñecemento- da titularidade a través da Lei de Mellora Territorial Agraria de Galicia.

0.15577006340027