Xermade contará este martes cunha actividade de mindfulness
TerraChaXa
Será ás 17.00 horas na escola habaneira de Roupar
Cartel
17 Jun 2024
O Concello de Xermade organiza un obradoiro de iniciación ao mindfulness e a relaxación no que as persoas participantes aprenderán técnicas eficaces e sinxelas baseadas na meditación e a autoconciencia para acadar un maior equilibrio e benestar.
O obxectivo é mellorar o estado mental, emocional e físico das persoas e promover o seu empoderamento nun espazo de reflexión e autocoidado.
Será ás 17:00 horas na escola habaneira de Roupar. A inscrición será por orde de recepción en 678 744 178, 982 263 838 ou no correo afalu@afalu.org.