Xermade continúa o sábado un ciclo de charlas sobre a compostaxe polas parroquias

TerraChaXa
O ciclo seguirá na Escola Habanera de Roupar e rematará o 15 de novembro na Escola de Cazás-O Calvario
charlas-compostaxe-xermade
6 Nov 2025

O Concello de Xermade puxo en marcha un ciclo de charlas sobre compostaxe co obxectivo de fomentar o aproveitamento responsable dos residuos orgánicos e promover prácticas sostibles entre a veciñanza. As sesións, que se celebran en distintos puntos do municipio, inclúen tamén a entrega de composteiros ás persoas que o soliciten previamente.

A primeira das charlas tivo lugar o sábado 18 de outubro na Biblioteca Municipal de Xermade. A seguinte cita foi o 25 na Escola de Momán, no mesmo horario. O ciclo continuará este sábado, 8 de novembro, na Escola Habanera de Roupar e rematará o 15 de novembro na Escola de Cazás-O Calvario.

En todas as sesións, o persoal técnico explicará o funcionamento do proceso de compostaxe, resolverá dúbidas e ofrecerá consellos prácticos para un uso correcto dos composteiros. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente chamando ao número 982 501 001.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e está financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, impulsado polo Goberno de España e pola Unión Europea mediante os fondos NextGenerationEU.

⚙ Configurar cookies
0.069306135177612