Xermade convoca as axudas a entidades públicas e privadas

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal, para o ano 2024-2025, na sesión ordinaria que tivo lugar o mércores 5 de febreiro.
As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 037 de data 14 de febreiro de 2025, e están dispoñibles tamén na sede electrónica municipal. As entidades interesadas dispoñen dun mes para presentar as súas solicitudes, xa que o prazo remata o 14 de marzo de 2025.
Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, contempla axudas no campo da cultura e dos deportes e imputaranse á partida de 334.489 euros dos orzamentos municipais con un crédito igual ao do ano pasado, de 20.685,00 euros.
O período subvencionable é do 1 de novembro de 2024 ao 31 de outubro de 2025 e como máximo concederanse 2.800 euros por entidade.
As persoas e entidades interesadas poden contactar co técnico local de emprego se queren recibir máis información respecto destas axudas (ernesto@xermade.org).
Na convocatoria anterior resultaron beneficiarias 15 asociacións veciñais e entidades culturais do municipio, por importe total de 20.685,00 euros.